Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia

Inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG núm. 216 do 10 de novembro de 2021).

 

Seccións do rexistro

  1. Socorrista en instalacións acuáticas
  2. Socorrista en espazos acuáticos naturais
  3. Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais

 

Documentación

  1. Solicitude de inscrición (Anexo V)
  2. Dúas fotos tamaño carné.
  3. Documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 4.1, 4.2, 7 ou na disposición transitoria única do DECRETO 104/2012, do 16 de marzo.
  4. Documentación xustificativa do pagamento das taxas correspondentes.

 

Forma de presentación

As solicitudes poderán presentarse das seguintes formas:

  1. No rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura s/n- A Estrada - Pontevedra).
  2. A través das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que son as seguintes:
    • No rexistro electrónico da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/.
    • Nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da Lei 39/2015, da 1 de outubro.
    • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
    • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
    • Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
    • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

 

Taxas

Códigos

  •  Consellería: 04 Presidencia, Xustiza e Turismo
  •  Delegación: 13 Servizos Centrais
  •  Servizo: 19 Academia Galega de Seguridade Pública
  •  Taxa: 300200 Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición

Obxecto de pago

Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia - Primeira inscrición

ou

Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia - Modificación ou Renovación

Importe (segundo proceda)

Primeira inscrición:                 10,47 €

ou

Modificación ou renovación:    5,28 €

Impresos

  • Dispoñibles nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia.
  • Tamén no seguinte acceso da páxina web da Xunta de Galicia:

Acceso