Inscrición no Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia
Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. (DOG núm. 67, do 9 de abril de 2012)
Decreto 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. (DOG núm. 69, do 7 de abril de 2017)
Seccións do rexistro
- Socorrista en instalacións acuáticas
- Socorrista en espazos acuáticos naturais
Documentación
- Solicitude de inscrición e declaración responsable (anexos III e IV).
- Fotocopia do DNI ou documento que acredite a identidade da persoa solicitante ou autorización á Agasp para a consulta dos datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade.
- Dúas fotos tamaño carné.
- Documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 6 ou na disposición transitoria única do DECRETO 104/2012, do 16 de marzo.
- Documentación xustificativa do pagamento das taxas correspondentes.
Forma de presentación
As solicitudes poderán presentarse das seguintes formas:
- No rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura s/n- A Estrada - Pontevedra).
- A través das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que son as seguintes:
- No rexistro electrónico da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/.
- Nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da Lei 39/2015, da 1 de outubro.
- Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
- Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
- Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
- En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
TAXAS
Códigos
Consellería: 04 Presidencia, Administracións Pública e Xustiza
Delegación: 13 Servizos Centrais
Servizo: 19 Academia Galega de Seguridade Pública
Taxa: 300200 Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición
Obxecto de pago
Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia - Primeira inscrición
ou
Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia - Modificación ou Renovación
Importe (segundo proceda)
Primeira inscrición: 10,26 €
ou
Modificación ou renovación: 5,18 €
Impresos
- Dispoñibles nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia.
- Tamén no seguinte acceso da páxina web da Xunta de Galicia: