A Academia Galega de Seguridade Pública publicou no DOG núm.122 do mércores 27 de xuño de 2018 a relación definitiva de excluídos/as ás probas para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Convocase aos/ás aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 6 de xullo, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avda. Da Cultura, s/n. A Estrada.
Proba de coñecementos:
Ás 09:30 horas
Proba psicolóxica:
Ás 11:30 horas
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.
Para consultar a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as visualice os arquivos que se anexan.