Baremación provisional

luns, 14 Novembro, 2022
Resolución do Tribunal designado pola Orde do 13 de setembro de 2022 (DOG núm. 178 de 19 de setembro), que deberá cualificar o proceso de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 153 do 11/08/2022), pola que se fai publica a baremación provisional do proceso de provisión por mobilidade, con indicación da puntuación obtida polas distintas persoas aspirantes en cada epígrafe, de acordo co disposto na base 7.1 e de conformidade co Anexo IV da convocatoria que recolle o baremo de méritos aplicable ao proceso de provisión por mobilidade.