Relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso aos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e mobilidade

Baremación provisional da fase de concurso, quendas de promoción interna e mobilidade
venres, 16 Abril, 2021

- Resolución do 9 de abril de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso aos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro exercicio do proceso selectivo

O primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 30 de abril, no salón de actos da AGASP, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, en chamamento único que se iniciará ás 11.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar. Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que se farán públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

- Resolución do Tribunal designado pola Orde do 31 de marzo de 2021 (DOG núm. 65 do 8 de abril), que deberá cualificar o proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade.