Relación provisional de persoas admitidas e exlcuídas ao proceso selectivo unitariio para a cobertura de 119 postos de auxiliar de policía local

martes, 16 Xuño, 2020

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 117 do 16 de xuño de 2020 a resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se aproban e fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de 119 postos de auxiliar de policía local.

As relacións provisionais de persoas admitidas e excluidas poden consultarse nos seguintes enlaces:

 

Os/as aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da súa exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os/as aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.