RELACION DE PERSOAS APTAS NO CURSO DE CONTROL DE ACCESOS DO 17 DE NOVEMBRO DE 2022

17/11/2022 CONTROL DE ACCESOS
luns, 21 Novembro, 2022

No prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública da relación definitiva das persoas que superaron o curso formativo, cuxos datos se recompilarán desagregados por sexo, as persoas aspirantes incluídas nela deberán solicitar da dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas a expedición da habilitación, achegando o xustificante de ter abonada a correspondente taxa administrativa para os efectos de que lles sexa expedida esta, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público.

 

Pode tramitar a súa solicitude a través de sede electrónica  da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal e o procedemento é o PR472A .Lembre que ten que presentar coa solicitude o xustificante de ter abonada a correspondente taxa administrativa e as fotografías escaneadas. Para acceder pode copiar e pegar no seu navegador a seguinte ligazón:

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=é_É&langId=é_É&codtram=PR472A

 

Para calquera dúbida respecto da solicitude desta expedición de habilitación pode contactar cos seguintes teléfonos:

 

981 546 010, 981 546 012 ou 981 546 016