RELACION DE PERSOAS APTAS NO CURSO DE CONTROL DE ACCESOS DO 15 DE MARZO DE 2023

luns, 20 Marzo, 2023

RELACION DE PERSOAS APTAS NO CURSO DE CONTROL DE ACCESOS DO 15 DE MARZO DE 2023

 

No prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública da relación definitiva das persoas que superaron o curso formativo, cuxos datos se recompilarán desagregados por sexo, as persoas aspirantes incluídas nela deberán solicitar da dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas a expedición da habilitación, achegando o xustificante de ter abonada a correspondente taxa administrativa para os efectos de que lles sexa expedida esta, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público.

 

Pode tramitar a súa solicitude a través de sede electrónica  da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal e o procedemento é o PR472A .Lembre que ten que presentar coa solicitude o xustificante de ter abonada a correspondente taxa administrativa e as fotografías escaneadas. Para acceder pode copiar e pegar no seu navegador a seguinte ligazón:

 

 

Enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR472A&ano=2022&numpub=1&lang=es

 

 

Para calquera dúbida respecto da solicitude desta expedición de habilitación pode contactar cos seguintes teléfonos:

 

981 546 010, 981 546 012 ou 981 546 016