
luns, 22 Xuño, 2020
No arquivo anexo publícase o lugar, datas e as quendas de chamamento para a realizacion das probas físicas do proceso selectivo para auxiliares de policía. Infórmase tamén do protocolo de actuación e achégase a declaración responsable que os aspirantes deberán cubrir, asinar e entregar ao persoal colaborador o día da proba.
Desenvolvemento das probas físicas:
Lugar: Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. R/ Padre Fernando Olmedo, 1, 36071 Pontevedra
Datas: 25 e 26 de xuño segundo as quendas indicadas no anexo
O día das probas os aspirantes deberan aportar a declaración responsable segundo o modelo que aparece na última páxina do arquivo anexo