PROXIMO CURSO DE CONTROL DE ACCESO

PR471A
martes, 24 Outubro, 2023

 

Martes, 24 Octubre de 2023.

A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o próximo 21 de novembro de 2023 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.

Pode vostede matricularse na seguinte ligazón, lembre que ten que achegar o certificado de aptitude psicolóxica e que este procedemento non ten asignada ningún tipo de taxa: 

ligazón

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.

A listaxe provisional de persoas admitidas será publicada o 8 de novembro de 2023 e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres  días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a emenda unha vez transcorrido ese prazo (do 9 ao 11 de novembro).

A listaxe definitiva de persoas admitidas será publicada o 13 de novembro de 2023.