14/12/2022

xoves, 24 Novembro, 2022
A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o vindeiro 14 de decembro de 2022 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.
A lista provisional de persoas admitidas será publicada o 1 de decembro e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a emenda unha vez transcorrido este prazo (2-7 de decembro de 2022).
A lista definitiva de persoas admitidas será publicada o 9 de decembro.