PROCESOS SELECTIVOS UNITARIOS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL SOCORRISTA E PERSOAL AUXILIAR

xoves, 7 Abril, 2022

Con data 10 de novembro de 2021, publicouse no DOG o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa disposición adicional primeira de dito Decreto 152/2021, a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia poderá organizar procesos selectivos unitarios para a selección de persoal socorrista e persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais. Os concellos poderán asinar o correspondente convenio de colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, que organizará o citado proceso e cuxo contido establecerá tanto os requisitos de acceso que terán que respetar o sinalado no presente decreto coma o desenvolvemento do proceso selectivo.