Nota informativa. Proceso selectivo unitario de auxiliares de policía local

Lugar, data e hora da 2ª e 3ª proba do proceso selectivo unitario de auxiliares de policía local
martes, 3 Maio, 2022

A segunda e terceira proba do proceso terán lugar o día 11 de maio de 2022 no Pavillón número 2 do Recinto Feiral de Silleda.
O chamamento para a segunda e terceira proba será único e comezará ás 10:30 horas. As persoas aspirantes non poderán acceder ao recinto con ningún dispositivo electrónico. A súa simple pertenza dentro do recinto determinará a exclusión da persoa aspirante do proceso.