Nota informativa do Tribunal do proceso de acceso por oposición libre, categoría de policía

Anuncio data primeiro e segundo exercicio
martes, 27 Setembro, 2022

O Tribunal nomeado pola Resolución  do 13 de setembro de 2022 (DOG núm. 178 do 19 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados mediante a orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 153, do 11 de agosto) acordou:

-Declarar a válida constitución do tribunal o día 26 de setembro de 2022.

-Informar que o primeiro e o segundo exercicio do proceso se desenvolverán  o día 24 de outubro de 2022, no Recinto Ferial de Silleda, sito na Rúa Feira Internacional de Galicia, 36540 Silleda, Pontevedra.