
luns, 26 Abril, 2021
En sesión que tivo lugar o día 26 de abril de 2021, o tribunal designado pola Orde do 31 de marzo de 2021 (DOG núm. 65 de -8 de abril), que deberá cualificar o proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm 137 do 10/07/2020),
ACORDOU:
- Facer pública como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas distintas persoas aspirantes en cada epígrafe, de acordo co disposto na base 5.1 (promoción interna), 6 (mobilidade) en de conformidade co Anexo IV da convocatoria que recolle o baremo de méritos aplicable.