Nota informativa do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso aos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de promoción interna e mobilidade. 1º exame

martes, 20 Abril, 2021

En sesión que tivo lugar o día 9 de abril de 2021, o tribunal designado pola Orde do 31 de marzo de 2021 (DOG núm. 65 de -8 de abril), que deberá cualificar o proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade, convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm 137 do 10/07/2020),

ACORDOU:

  1. Informar da constitución válida e legal deste tribunal con data 9 de abril de 2021.
  2. Para a corrección do 1º exercicio do proceso selectivo terase en conta a normativa en vigor na data da sesión constitutiva do tribunal, é dicir, a normativa que está en vigor a data 9 de abril de 2021.