NOTA INFORMATIVA. 2ª proba do proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quenda de promoción interna

mércores, 29 Setembro, 2021

En sesión que tivo lugar o 29 de setembro de 2021, o Tribunal designado para cualificar o proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade acordou que no desenvolvemento escrito e na posterior lectura da segunda proba do proceso pola quenda de promoción interna se terá en conta a lexislación que estaba en vigor o 16 de setembro de 2021.