Convocatorias de cursos para persoas integrantes de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

venres, 21 Febreiro, 2020

No Diario Oficial de Galicia do día 21 de febreiro de 2020 saen publicadas varias convocatorias de cursos para as persoas integrantes de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

Pódense consultar os cursos convocados e os seus códigos no arquivo adxunto

O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro e remata o día 2 de marzo de 2020.