Convocatoria de cursos de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

luns, 20 Setembro, 2021

Resolución do 20 de setembro de 2021 pola que se convocan 2 edicións do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

Requisitos de participación
1. Este curso de formación vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
2. Para poder ser admitido/a no curso de formación será necesario presentar unha solicitude na Academia Galega de Seguridade Pública. A data de para facer a inscrición comeza o día que se publique esta resolución na páxina web da Agasp e rematará o día 30 de setembro de 2021
3. As persoas aspirantes deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista nesta convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 6 do Decreto 48/2021:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021.

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 20 ao 30 de setembro de 2021

Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes para a realización do curso presentaranse preferiblemente por correo electrónico (enviar cuberto o anexo I a esta resolución).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Datas, horario, duración, desenvolvemento e lugar de realización do curso
1. Datas:
       1ª edición: 5 de outubro
       2ª edición: 7 de outubro
2. Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas.
3. Duración e temario: o curso consta de 6 horas, para superalo, será necesario asistir á totalidade das horas lectivas e obter unha nota mínima de 5 puntos no exame de coñecementos sobre as materias que a continuación se relacionan (pode descargar o temario premendo neste enlace):

  1. Aspectos básicos da normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas.
  2. Aspectos básicos da normativa de xogo.
  3. Dereitos e deberes das persoas espectadoras e usuarias. Dereitos fundamentais.
  4. Dereito de admisión.
  5. Medidas de seguridade nos establecementos abertos ao público e normativa de autoprotección.
  6. Normativa sobre horarios dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
  7. Réxime xurídico das persoas menores de idade.
  8. Aspectos básicos da normativa en materia de igualdade.
  9. Conceptos básicos de primeiros auxilios.
  10. Protocolo que se deberá seguir en situacións de perigo.
  11. Técnicas básicas de autocontrol en situacións de extrema necesidade.