Convocatoria curso "Protocolos e técnicas de intervención"

martes, 25 Xaneiro, 2022

Resolución do 25 de xaneiro de 2022, pola que se convoca un curso de “Protocolos e técnicas de intervención” dirixido ao persoal das Forzas e Corpos de Seguridade

 

Dentro das actividades programadas para o ano 2022, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso de “Protocolos e técnicas de intervención”, conforme as seguintes bases:

 

1. Datos da actividade

Denominación:

Protocolos e técnicas de intervención

Tipo:

Curso.

Horas lectivas:

20

Modalidade:

Presencial.

 

2. Desenvolvemento da convocatoria

Destinatarios/as

Persoal das Forzas e Corpos de Seguridade.

Prazas ofertadas

80 prazas.

Contidos:

  • A patrulla
  • Traballo en binomios
  • Técnicas especiais de detención
  • Bastón policial extensible
  • Resolucións policiais ante agresións con coitelos
  • Operativa de vehículos

Materiais.

O persoal admitido deberá presentarse a este curso provisto de atavío deportivo e do seguinte material:

  • Lazos e bridas de seguridade
  • Bastón Policial
  • Coitelo simulado

 

3. Solicitudes de participación

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) É obrigatorio consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil e un correo electrónico co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

e) Prazo para a presentación de solicitudes

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 16 de febreiro de 2022.

 

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo de internet http://agasp.xunta.gal.

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo de internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 206 110, do fax: 886 206 122 ou enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección

a) Menor número de actividades formativas realizadas polo/a alumno/a solicitante nos últimos cinco anos, segundo consten nas bases de datos da academia.

b) A igual número de actividades terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da academia.

c) Antigüidade.

Listaxe de solicitudes seleccionadas

O día 17 de febreiro de 2022 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.gal as solicitudes de participación que resultaren seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

Obrigas das persoas seleccionadas

As persoas que resulten seleccionadas, teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. Dita renuncia deberase comunicar por escrito á AGASP, por correo electrónico á dirección formacion.agasp@xunta.gal.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos esixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da AGASP, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, de 16 de outubro).

 

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar:

Sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Datas:

18, 19 e 20 de febreiro de 2022.

Horario:

  • 18 de febreiro: de 15.30 a 20.30 horas
  • 19 de febreiro: de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 horas
  • 20 de febreiro: de 9.00 a 14.00 horas

Certificado de asistencia

Ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada na mesma.

 

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da AGASP, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro de 2009).

 

7. Modificacións e incidencias

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.