Ampliación prazo de solicitude curso 231052

Curso: "Trato e intervención con persoas con discapacidade intelectual"
martes, 21 Marzo, 2023

Amplíase o prazo de solicitude do curso 231052 "Trato e intervención con persoas con discapacidade intelectual" ata o xoves 23 de marzo ás 23.59 horas. O curso, dirixido ao persoal das Forzas e Corpos de Seguridade con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolveráse o próximo luns 27 de marzo na sede da AGASP en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas.