Acto de elección de postos do proceso selectivo para auxiliares de policía

mércores, 8 Xullo, 2020

Publícase a convocatoria ao acto de elección de posto do proceso selectivo unitario para auxiliar de policía, que terá lugar na sede da Agasp o día 10.07.2020. O acto celebrarase en dúas quendas, definidas en función da posición acadada no proceso. A primeira terá lugar ás 10.00 horas e a segunda ás 12.00 horas.

Nos arquivos anexos figura o persoal convocado para as dúas quendas e os postos dispoñibles para a elección, con indicación da duración estimada da contratación. Esta duración foi facilitada polos concellos e pode variar en función das necesidades dos mesmos.