Inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
DECRETO 43/2023, de 4 de maio, polo que se modifica o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG núm. 93 do 16 de maio de 2023)
Seccións do rexistro
- Socorrista en instalacións acuáticas
- Socorrista en espazos acuáticos naturais
- Persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais
Documentación
- Solicitude de inscrición (Anexo VI)
- Dúas fotos tamaño carné.
- Documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 4.1, 4.2, 7.
- Documentación xustificativa do pagamento das taxas correspondentes.
Forma de presentación
As solicitudes poderán presentarse das seguintes formas:
- No rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura s/n- A Estrada - Pontevedra).
- A través das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que son as seguintes:
- No rexistro electrónico da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/.
- Nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da Lei 39/2015, da 1 de outubro.
- Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
- Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
- Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
- En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Taxas
Códigos
- Consellería: 04 Presidencia, Xustiza e Deporte
- Delegación: 13 Servizos Centrais
- Servizo: 19 Academia Galega de Seguridade Pública
- Taxa: 300200 Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición
Obxecto de pago
Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia - Primeira inscrición
ou
Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia - Modificación ou Renovación
Importe (segundo proceda)
Primeira inscrición: 10,47 €
ou
Modificación ou renovación: 5,28 €
Impresos
- Dispoñibles nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia.
- Tamén no seguinte acceso da páxina web da Xunta de Galicia: