Formación específica para obter a habilitación BTP

Código:

09BTP

Número da edición:

1

Horas docentes:

24

Prazas:

1.000

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

14/03/2009 - 01/04/2009

Horario:

A distancia ou a través da plataforma de formación en liña

Obxectivos:

- Facilitar aos efectivos policiais dependentes dos corpos de policía local, aos bombeiros, persoal de protección civil e axentes forestais a formación específica necesaria para obter un certificado que acredite a suficiencia dos coñecementos exixidos para a habilitación que faculte a conducir os vehículos prioritarios aos que se refire o artigo 7.3 do Regulamento xeral de condutores, certificado que substituirá as probas que dito regulamento prevé no seu artigo 51.3 e que permitirá que a Xefatura Provincial de Tráfico lles expida os correspondentes permisos de condución

Contido:

Os contidos do curso comprenderán necesariamente, por requirilo así a normativa de referencia nesta temática, as seguintes materias:
1. Os vehículos que autoriza a conducir a autorización BTP no tráfico. O permiso por puntos.
2. Requisitos administrativos para circular, relativos ao condutor, ao vehículo, á carga e ás persoas transportadas.
3. O condutor e as súas aptitudes psicofísicas. O alcohol.
4. O condutor e as súas actitudes. Comportamento cara os demais usuarios.
5. O vehículo: Seguridade activa e pasiva. O cinto de seguridade. Sistemas de iluminación. Inspeccións técnicas periódicas. Sinais nos vehículos.
6. Normas e sinais reguladoras da circulación especificamente relacionados cos vehículos que habilita a conducir a autorización BTP:
• Utilización de carrís. Velocidade. Circulación en sentido contrario.
• Condutores de vehículos de transporte escolar, de taxis e de prioritarios.
• Paradas e estacionamentos.
• Sinais específicas. Semáforos reservados a taxis.
7. Factores relativos á carga do vehículo e ás persoas transportadas. Transporte escolar en vehículos de ata nove prazas. Transporte público de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas. Transporte de persoas en vehículos de asistencia sanitaria.
8. A condución segura e os accidentes de circulación: comportamento e primeiros auxilios en caso de accidente.

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo

Requisitos:

As/os interesadas/os deberán posuír o permiso de clase B con alomenos 1 ano de antigüidade.

Inscrición:

A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.