Convocatoria de probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

Cuerpo: 

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85 de 3 de maio de 2018) as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, dende o día 04/05/2018 ao día 23/05/2018, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Calquera dúbida ou aclaración ponánse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

Año: 
2018
Destinatario: 
Control de acceso
Tipo de listado: 
Convocatoria
Tipo de convocatoria: 
Obtención