Policía local

De acordo co artigo 5 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, os corpos de Policía local son institutos armados de natureza civil, con estrutura e organización xerarquizada baixo a superior autoridade e dependencia directa do alcalde respectivo, ou do concelleiro en que este delegue.

No exercicio das competencias que lles corresponden aos  concellos, os corpos de Policía Local teñen como obxectivo principal a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades, contribuíndo a garantir a seguridade cidadá e a consecución do benestar social, cooperando con outros axentes sociais, especialmente nos ámbitos preventivo, asistencial e de rehabilitación (artigo 4). 

Os policías locais están obrigados a observar os principios básicos de actuación previstos no artigo 5 da lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade. Deberán, con todo, adecuarse ao ordenamento xurídico, actuando con absoluta neutralidade política e sen discriminación ningunha por razón de raza, etnia, nacionalidade, ideoloxía, relixión ou crenzas persoais, opinión, sexo, orientación sexual, lingua, lugar de residencia, lugar de nacemento ou calquera outra condición ou circunstancia.

Así mesmo deberán actuar con integridade e dignidade, absténdose de todo acto de corrupción e opoñéndose a el resoltamente. E suxeitarse, na súa actuación profesional, aos principios de xerarquía e subordinación. Teñen a obrigación de manter un trato correcto e  esmerado nas súas relacións cos cidadáns, así como colaboración e auxilio coa Administración de Xustiza nos termos establecidos legalmente.

No exercicio das súas funcións, deben de actuar coa decisión necesaria e sen demora cando diso dependa evitar un dano grave, inmediato ou irreparable, rexéndose, ao facelo, polos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade na utilización dos medios ao seu alcance. Respecto ao uso das armas, só nas situacións en que exista un risco racionalmente grave para a súa vida, a súa integridade física ou as de terceiras persoas, ou  naquelas circunstancias que poidan supoñer un grave risco para a seguridade cidadá, poderán facer uso delas e sempre tendo en conta os principios anteriormente citados.

O seu catálogo de funcións, derivado das previsións do artigo 53 da Lei orgánica 2/1986, inclúe a protección das autoridades locais e os edificios e instalacións;efectuar dilixencias de prevención para evitar a comisión de actos  delictuosos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade; vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas e corpos de seguridade na protección das manifestacións e en o  mantemento da orde; ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico, así como  instruír atestados por accidentes de circulación no seu ámbito territorial; prestación de auxilio, nos casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública; funcións de policía administrativa e de policía xudicial, na forma establecida na normativa vixente. E actuar, en realidade, como verdadeira policía de proximidade.

Cursos relacionados

1392 resultados obtidos para a busca de... Policía local
Presencial 13/12/19
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 09/12/19
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 09/12/19
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 27/11/19
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 25/11/19
Pontevedra
Estrada, A
Amosar 9 | 18 | 36

Instagram

Material
multimedia