Procesos de Control de Acceso

2019

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191 do 8 de outubro de 2019) as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son  PR471A e  PR472A.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento  PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede. xunta. gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes  presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede. xunta. gal/ chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, desde o día 09/10/2019 ao 06/11/2019, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao cartafol do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

Programa das probas de selección para a obtención da habilitación necesaria para realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

1. Constitución española de 1978: dereitos e deberes fundamentais da persoa.

2. Normativa básica do dereito de admisión.

3. Normativa básica sobre follas de reclamacións.

4. Nocións básicas sobre a posesión de armas nos locais de pública concorrencia.

5. Normativa sobre horarios de establecementos públicos.

6. Normativa sobre menores de idade e limitacións á oferta de bebidas alcohólicas e tabaco.

7. Nocións básicas sobre medidas de seguridade nos establecementos de pública concorrencia: plans de seguridade, seguridade contra incendios, saídas de emerxencia e evacuación.

8. Conceptos básicos de primeiros auxilios para atender situacións de asistencia sanitaria inmediata.

9. Criterios de actuación en situacións de perigo para as persoas. A interactuación persoal para previr situacións de riscos específicos e os diferentes tipos de comportamentos das persoas noutras situación previsibles.

A Academia Galega de Seguridade Pública publicóu no DOG do martes 19 de febreiro de 2019 a relación provisional de excluídos/as ás probas para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.Convocase aos/ás aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 23 de febreiro, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avda. Da Cultura, s/n. A Estrada.
Proba de coñecementos:

Ás 12:00 h.

Proba psicolóxica:

Ás 13:30 h.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

A Academia Galega de Seguridade Pública publicóu no DOG do martes 19 de febreiro de 2019 a relación provisional de excluídos/as ás probas para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Convocase aos/ás aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 23 de febreiro, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avda. Da Cultura, s/n. A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 12:00 h.

Proba psicolóxica:

Ás 13:30 h.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

Listaxe de persoal declarado APTO nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A) que se publicou como anexo II na Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro), xunto co xustificante de ter aboado a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

2018

La Academia Galega de Seguridade Pública publicó en el DOG núm. 110 del lunes 11 de junio de 2018 la relación provisional de excluídos/as a las pruebas para la obtención de la habilitación de personal de control de acceso a espectáculos públicos y actividades recreativas.

Para consultar la relación provisional de admitidos/as y excluídos/as visualice los archivos que se anexan.

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85 de 3 de maio de 2018) as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, dende o día 04/05/2018 ao día 23/05/2018, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Calquera dúbida ou aclaración ponánse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución de 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85 de 3 de maio de 2018) as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a aprobación das bases xerais e a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

Os códigos do procedemento regulados nesta resolución son PR473A e PR473B.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, dende o día 04/05/2018 ao día 23/05/2018, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo a carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cualquier duda o aclaración puden ponerse en contacto con el Servicio de Formación en Seguridad Pública en el teléfono 886 206 110 o bien en el correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.