Procesos de Control de Acceso

2020

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prema no seguinte enlace para visualizar ou descargar a listaxe:

 

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 27 de febreiro de 2020 (DOG núm. 45 do 6 de marzo de 2020) as probas para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son  PR471A e  PR472A.

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento  PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes  presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, desde o día 09/03/2020 ao 06/04/2020, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao cartafol do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

 

Programa das probas de selección para a obtención da habilitación necesaria para realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

1. Constitución española de 1978: dereitos e deberes fundamentais da persoa.

2. Normativa básica do dereito de admisión.

3. Normativa básica sobre follas de reclamacións.

4. Nocións básicas sobre a posesión de armas nos locais de pública concorrencia.

5. Normativa sobre horarios de establecementos públicos.

6. Normativa sobre menores de idade e limitacións á oferta de bebidas alcohólicas e tabaco.

7. Nocións básicas sobre medidas de seguridade nos establecementos de pública concorrencia: plans de seguridade, seguridade contra incendios, saídas de emerxencia e evacuación.

8. Conceptos básicos de primeiros auxilios para atender situacións de asistencia sanitaria inmediata.

9. Criterios de actuación en situacións de perigo para as persoas. A interactuación persoal para previr situacións de riscos específicos e os diferentes tipos de comportamentos das persoas noutras situacións previsibles.

 

 

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 26 de outubro de 2020 (DOG núm. 225 do 6 de novembro de 2020) as probas para a obtención da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son  PR471A e  PR472A.

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento  PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes  presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, desde o día 09/11/2020 ao 04/12/2020, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao Cartafol do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

 

Programa das probas de selección para a obtención da habilitación necesaria para realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

1. Constitución española de 1978: dereitos e deberes fundamentais da persoa.

2. Normativa básica do dereito de admisión.

3. Normativa básica sobre follas de reclamacións.

4. Nocións básicas sobre a posesión de armas nos locais de pública concorrencia.

5. Normativa sobre horarios de establecementos públicos.

6. Normativa sobre menores de idade e limitacións á oferta de bebidas alcohólicas e tabaco.

7. Nocións básicas sobre medidas de seguridade nos establecementos de pública concorrencia: plans de seguridade, seguridade contra incendios, saídas de emerxencia e evacuación.

8. Conceptos básicos de primeiros auxilios para atender situacións de asistencia sanitaria inmediata.

9. Criterios de actuación en situacións de perigo para as persoas. A interactuación persoal para previr situacións de riscos específicos e os diferentes tipos de comportamentos das persoas noutras situacións previsibles.

 

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prema no seguinte enlace para visualizar ou descargar a listaxe:

Data, lugar e hora de desenvolvemento das probas:

Convócase aos/ás aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o próximo día 23 de xullo de 2020, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avda. da Cultura, s/n. A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 10.00 horas.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

Listaxe de persoal declarado APTO nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A) que se publicou como anexo II na Resolución do 27 de febreiro de 2020 (DOG núm. 45, do 6 de marzo), xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas no punto quinto da Resolución do 27 de febreiro de 2020 (DOG núm. 45, do 6 de marzo), debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de servizos centrais.

Código: 13.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,23 euros.

Resolución do 16 de xullo de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

2019

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2019 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

 

Data, lugar e hora de desenvolvemento das probas:

Convocarase aos/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o próximo día 12 de decembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

Listaxe de persoal declarado APTO nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

 

As/os aspirantes que superaron as probas deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II  da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro) (código PR473B) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido no punto sexto da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro),  no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/os aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas no punto quinto da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro), debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Código: 04

Delegación de servizos centrais

Código: 13

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos

Código: 20

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación

Código: 30.48.02

Total: 6,08 euros

Listaxe de persoal declarado APTO nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As/os aspirantes que superaron as probas deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro)  (código PR472A) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido no punto sexto da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro) no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/os aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas no punto quinto da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro), debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de servizos centrais.

Código: 13.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,08 euros.