Procesos de Control de Acceso

2020

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prema no seguinte enlace para visualizar ou descargar a listaxe:

 

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prema no seguinte enlace para visualizar ou descargar a listaxe:

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prema no seguinte enlace para visualizar ou descargar a listaxe:

 

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 26 de outubro de 2020 (DOG núm. 225 do 6 de novembro de 2020) as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son  PR473A e  PR473B.

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento  PR473A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes  presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, desde o día 09/11/2020 ao 04/12/2020, ambos inclusive.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao Cartafol do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prema no seguinte enlace para visualizar ou descargar a listaxe:

Data, lugar e hora de desenvolvemento das probas:

Convócase aos/ás aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o próximo día 26 de marzo de 2021, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avda. da Cultura, s/n. A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 10.00 horas.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

 

Data, lugar e hora de desenvolvemento das probas:

Convocarase aos/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o próximo día 26 de marzo na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

Resolución do 1 de marzo de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

Listaxe de persoal declarado APTO nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A), que se publicou como anexo II na Resolución do 26 de outubro de 2020 (DOG núm. 225, do 6 de novembro), xunto co xustificante de ter aboado a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición quinta da resolución de convocatoria, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Xustiza e Turismo.
Código: 04.
Delegación de servizos centrais.
Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.
Código: 20.
Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.
Código: 30.48.02.
Total: 6,23 euros.