Salvamento Socorrismo

Galicia regulou mediante Decreto 104/2012, do 16 de marzo, a formación mínima dos socorristas acuáticos e créase e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Devandito decreto é modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e créase e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Desta forma, a Xunta de Galicia regulou a formación mínima que deberán reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia achegando a preceptiva declaración responsable e que dispoña da correspondente habilitación profesional.

Sen prexuízo das particularidades e excepcións reguladas na referida normativa por exemplo a inscrición provisional, no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia figurarán aquelas persoas que o soliciten e acrediten estar en posesión da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, aprobada polo Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro (BOE do 9 de marzo) ou/e da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, aprobada polo Real Decreto 1521/2007, do 16 de outubro (BOE do 1 de decembro), dependendo do ámbito no que vaian desenvolver a súa actividade, ou normativa en cada momento en vigor.

A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en instalacións acuáticas, que supoñerá a inscrición na sección socorristas en instalacións acuáticas, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

A. Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas (AFDP0109), establecido polo Real decreto 711/2011, do 20 de maio.

B. Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido por Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

C. Acreditación de superar as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento, que desenvolva o Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

D) Título de Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO- IA), establecido no anexo V e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda.

E) Título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO- IA), establecido no anexo V e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda.

2. A acreditación da formación mínima para o exercicio da actividade de socorrismo en espazos acuáticos naturais, que supoñerá a inscrición na sección socorristas en espazos acuáticos naturais, poderá obterse por calquera das seguintes vías:

A. Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFDP0209), establecido polo Real Decreto 711/2011, do 20 de maio.

B. Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real Decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo establecido polo Real Decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en espazos acuáticos naturais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

C. Acreditación de superar as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

D) Título de Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO- EAN), establecido no anexo VI e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda.

E) Título de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, xunto co certificado de superar o curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO- EAN), establecido no anexo VI e impartido polas entidades sinaladas na disposición adicional primeira e segunda».

Cursos relacionados

5 resultados obtidos para a busca de... Salvamento Socorrismo
Amosar 9 | 18 | 36

Instagram

Material
multimedia