GES

Segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, os municipios deberán prestar á súa cidadanía os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, entre os que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, polo que teñen necesidade de contar con medios para poder facer fronte ás súas competencias, compartidas e concorrentes, en materia de protección civil e emerxencias.

Nesta mesma liña, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia no seu artigo 1.2 define a protección civil como un “servizo público esencial organizado nun sistema integrado de actuación para facerlles fronte aos riscos ordinarios e aos riscos graves coa participación das distintas administracións públicas, baixo a coordinación e a dirección da Xunta de Galicia e coa colaboración cidadá.” E coa mesma consideración, a Constitución Española, o Estatuto de Autonomía de Galicia, a Lei 2/1985 de protección civil e as sentenzas 123/1984, do 18 de decembro e 133/1990, do 19 de xullo, do Tribunal Constitucional coinciden no carácter de servizo público esencial deste servizo.

A Xunta de Galicia e a FEGAMP acordaron mediante convenio a creación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que complementasen a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cubrisen zonas  desprovistas de servizos de emerxencia, co ámbito de atención superior ao municipal.

Teñen por obxecto colaborar para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para a realización das funcións que teñen atribuídas.

Cursos relacionados

409 resultados obtidos para a busca de... GES
Amosar 9 | 18 | 36
Material
multimedia