Formación profesional / Técnicos de emerxencias

Galicia regulou mediante DECRETO 21/2017, do 2 de febreiro, o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil.

No ano 2015 asinouse un Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Academia Galega de Seguridade Pública, para a impartición do título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil. Desta forma a Agasp pasa a impartir determinados módulos do FP en colaboración coa Consellería de Educación.

Galicia regulou mediante o Decreto 21/2017, do 2 de febreiro, o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil. Ten por obxecto establecer o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para os ensinos de formación profesional relativas ao título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil, establecido polo Real decreto 907/2013, do 22 de novembro.

IDENTIFICACIÓN

O título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil identifícase polos seguintes elementos:

  • Denominación: Emerxencias e Protección Civil.
  • Nivel: formación profesional de grao medio.
  • Duración: 2.000 horas.
  • Familia profesional: Seguridade e Medio Ambiente.
  • Referente europeo: CINE-3 b (Clasificación internacional normalizada da educación).

CONTORNA PROFESIONAL

  1. As persoas que obteñan o título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil exercerán a súa actividade no sector de servizos de prevención e extinción de incendios forestais e apoio en continxencias do medio natural e rural e protección civil, así como nos servizos públicos estatais, autonómicos e locais de atención de emerxencias e os corpos de bombeiros/ as, desenvolvendo a súa actividade como traballador ou traballadora dependente das administracións públicas ou en empresas privadas dedicadas a traballos agroforestais e ambientais, en servizos de bombeiros/ as dedicados á prevención de incendios e mantemento, e en sectores industriais dedicados á produción, á distribución, á fabricación e ao almacenamento de produtos e substancias perigosas, podendo exercer accións de colaboración internacional.
  2. As ocupacións e os postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
  • Capataz ou encargado/a de extinción de incendios forestais.
  • Bombeiro/a forestal.
  • Vixiante de incendios forestais.
  • Bombeiro/a de servizos municipais, provinciais, mancomunados, consorciados ou autonómicos.
  • Bombeiro/a de outros servizos en entes públicos.
  • Técnico/a en emerxencias das Forzas Armadas.
  • Bombeiro/a de aeroportos.
  • Bombeiro/a de empresa privada.

 

Cursos relacionados

1 resultados obtidos para a busca de... Formación profesional / Técnicos de emerxencias
Presencial 28/11/18
Pontevedra
Estrada, A
Amosar 9 | 18 | 36

Instagram

Material
multimedia