A Academia Galega de Seguridade Pública orientará a súa actuación ao:
Enriquecemento do capital humano dos servizos de seguridade pública mediante a súa capacitación a través da formación, a innovación e a excelencia.
Compromiso de xerar e transferir as bases de coñecemento para a mellora das políticas en materia de seguridade pública.
Impulso da calidade nos servizos de seguridade pública para unha mellor atención ao cidadán e maior satisfacción dos seus xestores.
Medidas de fomento:
Para conseguir os seus fins, a Academia Galega de Seguridade Pública poderá convocar e outorgar bolsas, axudas e premios, así como levar a cabo outras medidas de fomento dirixidas a favorecer a investigación, facilitar a incorporación de mulleres aos corpos de seguridade e obter unha adecuada formación e innovación dos servizos galegos de seguridade pública.
Para os efectos das disposicións vixentes, a Academia Galega de Seguridade Pública ten o carácter de centro oficial de investigación.
Formativas: