Convocatoria acto de elección de praza quenda de concurso

Cuerpo: 

Convocatoria de elección de praza do proceso selectivo para o ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso:

Data: 21 de febreiro de 2020

Lugar: Sala de conferencias da AGASP

Hora: 10.30 horas

Anexo I: listaxe de persoas convocadas

Anexo II: listaxe de prazas ofertadas

 

As persoas aspirantes deberán acudir ao acto de elección de praza provistas do DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no suposto de non comparecer persoalmente poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

A concorrencia por parte das persoas aprobadas á reunión de elección de praza é obrigatoria nos mesmos termos e coas mesmas excepcións que se aplican á obriga de acudir ás probas das oposicións consonte o artigo 12 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro. Ás persoas aprobadas que, estando obrigadas, non comparezan persoalmente ou por medio de representante seranlles adxudicadas as prazas que lles correspondan segundo a puntuación obtida no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación daquelas ás persoas aprobadas presentes ou representadas, entre as que quedasen sen adxudicar.

Año: 
2019
Tipo de listado: 
Resolución do tribunal