Relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

Cuerpo: 

Listaxe de persoal declarado APTO nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

 

As/os aspirantes que superaron as probas deberán presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II  da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro) (código PR473B) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido no punto sexto da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro),  no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/os aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas no punto quinto da Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro), debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Código: 04

Delegación de servizos centrais

Código: 13

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos

Código: 20

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación

Código: 30.48.02

Total: 6,08 euros

Año: 
2019
Destinatario: 
Control de acceso
Tipo de listado: 
Lista de aprobados
Tipo de convocatoria: 
Renovación